31/8/15

Agora sí rematamos

Pois si, oficialmente hoxe 31 de agosto remata o curso escolar polo que farei a última entrada neste blog, no noso blog, que estivemos compartindo durante estes dous anos que estivemos xuntos.

Creo que non hai moito que dicir máis que foi un pracer estar con vós todo este tempo e que aprendín moito traballando conxuntamente; sodes un gran equipo e espero que continuedes así moito tempo, crecendo e mellorando.

Supoño que a estas alturas estaredes un pouco nerviosos e nerviosas pola nova etapa que comezades pero non vos preocupedes, todo sairá ben; o segredo está en querer seguir crecendo e aproveitar todo o que vos ofrece a escola.

Espero que veñades visitarme sempre que queirades e máis nada, ata o 10 de setembro. Un bico e unha aperta moi grandes.
































25/6/15

Un día na granxa de Bergondo

Por fin subo as fotos da visita que fixemos á granxa escola de Bergondo-Negreira (a 15 minutos de Santiago) o pasado mércores, 17 de xuño.
 Antes de que as vexades quero dicirvos que me resultou un pouco difícil facer todas as que me gustaría e que é posible que falten algunhas. Pido disculpas por anticipado por si hai alguén que non está e espero que entendades que a pesar de intentar facer fotos de todos e todas tal vez haxa alguén que non saia todo o que nos gustaría.

Resultou unha saída moi enriquecedora na que disfrutamos todos e o pasamos moi ben. Verdade que repetiríades?
Sen nada máis que dicir aquí tedes un resumo daquel día. Espero que vos gusten e gardedes como un bo recordo e un remate de curso ben merecido. Ata pronto que inda nos queda a despedida!






Por certo: non olvidedes facer comentarios aquí no blog. Un saúdo!

11/6/15

Por partida doble

Hoxe presentamos os dous últimos traballos de Coñecemento do Medio. Atoparedes os temas O TRABALLO EN GALICIA e A VIDA NO PASADO. Espero que vos sirva para coñecer un pouco mellor o noso arredor.

 Na última presentación hai un vídeo asociado da serie ÉRASE UNA VEZ EL HOMBRE, que nos recrea a historia da humanidade con moita claridade.

 Ata pronto, e ánimo que xa queda moi pouco.




1/6/15

Xogando e aprendendo xeometría

O curso pasado xa falaramos deste xogo para practicar a xeometría e mellorar o dominio do espazo. Proba a xogar un rato e despois cóntanos a través dos comentarios com che resultou a actividade. Espero que vos guste e ata pronto.


A organización de España

Hoxe traemos a presentación elaborada para a exposición do equipo C; lembrade que na última páxina está o esquema que intenta organizar o contido da forma máis clara posible. Espero que sexa de utilidade.